Roteiros de Lalín

 

RUTA DO MONTE DO CARRIO

DOMINGO DÍA 3 DE MARZO DE 2024

HORA: 10:00

PUNTO DE INICIO CAMPO DA FESTA DE BERMÉS (Estrada de Lalín a Vila de Cruces, Bermés) localización aquí

DISTANCIA 12 KM

DIFICULTADE MEDIA

Percorrido: Igrexa de Bermés. Riádigos. Muíño de Campo. Muíño de Castro. Muíño de Sánchez. Muíño da Lamela. Lagoa Brañas da Regueira. Cima do Carrio. Capela San Adrao. Pena Cabalada. Regreso ao punto de inicio na igrexa de Bermés.

9:30 Punto de encontro no Campo da Festa de Bermés. Aparcadoiro. 10:00 Inicio da Ruta. 13:00 a 13:30 Final da ruta no Campo da Festa de Bermés. Aparcadoiro.

Fai a túa inscrición agora:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA O ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO ORGANIZADO POLA COMUNIDADE DE MONTES DE BERMÉS E OUTROS LUGARES COA COLABORACIÓN DE ROTEIROS DE LALÍN.


Nome completo (obrigatorio)

Teléfono (obrigatorio)

DNI (obrigatorio)

Data de nac. AAAA-MM-DD (obrigatorio)

Correo electrónico

Concello de procedencia (obrigatorio)


Para participar na andaina é obrigatorio estar correctamente inscrito en prazo. A organización dispón dunha póliza de seguro para accidentes deportivos que poidan acontecer durante a actividade. A organización únicamente asumirá as continxencias dos participantes na andaina que estén inscritos en prazo. O prazo para anotarse remata o próximo xoves día 29 de febreiro de 2024 ás 23:59 horas.



MANIFESTO:

1. Que estou fisicamente ben preparado para a práctica do sendeirismo, gozo de boa saúde en xeral, sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa miña participación na devandita actividade. Se durante a proba, padecese algún tipo de lesión ou calquera outra circunstancia que puidese prexudicar gravemente a miña saúde, poreino en coñecemento da organización canto antes.
2. Que son consciente de que este tipo de actividade, ao desenvolverse no medio natural, en lugares de difícil control e acceso, levan un risco adicional para os participantes. Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo integramente os riscos e consecuencias derivadas da miña participación.
3. Que dispoño de capacidade física e destreza técnica suficientes como para garantir a miña propia seguridade, baixo as condicións de autonomía nas que se desenvolve a actividade. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade esixido pola organización e garanto que se atopa en bo estado, se utilizalo adecuadamente e levareino encima durante toda a actividade.
4. Que domino e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización na que vou intervir, así como a manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade física ou psíquica. Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización en temas de seguridade. Igualmente cumprirei coas normas de tráfico e seguridade vial.
5. Que autorizo aos Servizos Médicos da actividade, a que me practiquen calquera cura ou proba diagnóstica que puidese necesitar estando ou non en condicións de solicitala. Ante os seus requirimentos comprométome a abandonar a actividade se eles estímano necesario para a miña saúde.
6. Que autorizo á organización calquera fotografía, filmación ou gravación que tomen, sempre que estea exclusivamente relacionada coa miña participación neste evento.
7. Que participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na actividade de sendeirismo.


Asumo de responsabilidade (obrigatorio)
SI


O roteiro sae do Campo da Festa de Bermés, en Bermés, a dez quilómetros da Vila de Lalín. Existe aparcadoiro. A ruta é circular e dará comezo ás 10 horas. Recoméndase acudir cando menos con quince minutos de antelación.


A actividade é gratuita.


 

Faite soci@ e tramitamos a túa licencia federativa.

Comezamos coa campaña de soci@s para o ano 2024. Tamén estamos, dende hai anos, dados de alta na Federación Galega de Montañismo e podemos tramitar a túa licenza federativa.

Esperamos así poder participar tamén nas actividades que organiza a Federación e se queredes podemos darvos de alta coma deportistas federados para acceder ás coberturas e vantaxes que iso conleva.

Para solicitar a vosa alta coma socios tedes que cubrir o formulario cos vosos datos e ingresar a cuota anual de socio que son 20 € . Ser soci@ de Roteiros de Lalín significa poder participar nas nosas actividades en Lalín e en Galicia e estar cuberto polas nosas pólizas de seguro de Responsabilidade Civil e de accidentes.

Se queredes ademais tramitar a licenza federativa tedes que darvos de alta coma socio e ingresar a cuota de socio máis o custe da licenza federativa anual con varias modalidades para o caso de maiores de 18 anos:

  • 84 € (20€ soci@ + 64€ da licenza) se queredes a licenza para actividades dentro de Galicia. Modalidade AU.
  • 110 € (20€ socio + 90€ da licenza) se queredes ter licenza para realizar actividades en Galicia, Portugal, resto de España e Pirineos. Modalidade B.
  • No caso de menores de idade ou outras modalidades consultarnos no correo electrónico roteirosdelalin@gmail.com

No caso de soci@s de Roteiros de Lalín do ano 2023 e que renoven no 2024, a licenza federativa terá un desconto de 20 euros no caso da licenza para Galicia e de 30 euros para a da Modalidade B. Polo que os importes a ingresar serían os seguintes:

  • 64 € (20€ socio + 44€ da licenza) se queredes a licenza para actividades dentro de Galicia. Modalidade AU.
  • 80 € (20€ socio + 60€ da licenza) se queredes ter licenza para realizar actividades en Galicia, Portugal, resto de España e Pirineos. Modalidade B.

RECOMENDAMOS FACER A LICENZA DA MODALIDADE B E NAS SAÍDAS QUE FAGAMOS FORA DE GALICIA PARA PARTICIPAR SERÁ OBRIGATORIO TER ESTA LICENZA.

Para tramitar a vosa alta coma soci@ e a licencia federativa podedes acceder ao formulario pinchando aquí

Estar federado dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos  refuxios galegos,
  • Comunhttps://fedgalmon.gal/refuxios/icacións periódicas
  • Calenhttps://fedgalmon.gal/refuxios/dario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:   https://fedme.es/licencia-fedme/

_________________________________________

Monumenta

Percorrido sinalizado á vosa disposición

 

________________________________________

Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 23 roteiros e está á vosa disposición. A continuación poñemos algúns deles. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.

 

RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)

RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)

RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

 

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)

RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)


           RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)