Se aínda non eres soci@ de Roteiros de Lalín – Viarum Dezae, anímate a camiñar con nós.
Facéndote soci@ ademais de apoiar este proxecto teredes as seguintes vantaxes:
Cobertura por pólizas de seguro de responsabilidade civil e de seguro de accidentes nas vosas andainas dentro das condicións e da duración das pólizas contratadas.
Tramitaremos a vosa licenza federativa na Federación Galega de Montañismo se así o solicitades, e a partir do segundo ano pagaredes só a metade do seu custe, dentro das dispoñibilidades orzamentarias que teñamos.
Camiseta técnica de regalo.
Roteiros de Lalín comezou no ano 2015 como un grupo de voluntariado impulsado dende o Concello de Lalín. O proxecto foi avanzando grazas ao apoio de moita xente que colaborou nos traballos organizativos e participou nas actividades que realizamos ao longo destes catro anos.
Pensamos que para ser máis efectivos e ter máis posibilidades de actuación era necesario ter entidade propia, sen cambiar a nosa filosofía colaborativa e de voluntariado, e mantendo tamén as nosas actividades totalmente abertas a todas as persoas que desexen participar. Decidimos que Roteiros de Lalín se constituíse coma un club deportivo coa idea de dalo de alta na Federación Galega de Montañismo. Tamén creamos unha asociación cultural Viarum Dezae para a través de ela impulsar a conservación dos camiños tradicionais da nosa comarca e tamén a paisaxe, o patrimonio e o medio ambiente.
Cremos que Lalín e a comarca de Deza teñen moitísimo potencial para ser un destino turístico diferenciado pois podemos ofrecer aos que veñan a coñecernos un patrimonio, unha paisaxe e unha gastronomía singulares, contando ademais cunha situación privilexiada no centro de Galicia. Nese sentido tratamos de aportar o noso traballo para situar a Lalín e a Comarca de Deza nunha boa posición no sector das actividades no medio natural, sumándonos a excelente labor que están facendo tamén outros colectivos como os clubs de ciclismo, de atletismo, de carreiras de montaña, triatletas e de equitación entre outros, cos que esperamos poder desenvolver actuacións conxuntas.
Pedímosvos a todas as persoas que queirades apoiarnos que vos inscribades como soci@s o que nos dará máis forza para seguir traballando e para que tamén poidades ter algunhas ventaxas como dispoñer dunha licencia federativa.
Para facerte socio:
- Cubre o seguinte formulario indicando os teus datos.
- Podes facer o pagamento por transferencia bancaria ou ben poñerémonos en contacto contigo.
- Posteriormente faremos entrega dos carnés de soci@.