As sobreiras son as protagonistas desta andaina. Están alí, no doce val do río Arnego. Son un tesouro botánico. Unha beleza que nos regala a natureza.
Partiremos de Cercio, ao carón da súa igrexa con detalles barrocos e o seu cruceiro. Os primeiros camiños levarános preto de Cello onde veremos un muíño e a súa igrexa ao lonxe. Continuaremos ata a igrexa de Cangas e o seu cruceiro realmente fermoso. Pasaremos pola aldea de Montrigo e novamente adentrarémonos por fermosos camiños.
O seguinte punto de interese será a vella fábrica de papel de Rodís co árbol senlleiro do incenso. O entorno deste lugar é realmente bucólico. Subiremos preto da igrexa románica de Rodís. Despois voltaremos por fermosos camiños e pasaremos por diante da igrexa de Rodís do cabo que é realmente singular.
Xa despois iremos polas teixugueiras e o maxestuoso sobreiral do Arnego que veremos tamén dende o mirador de As Piniceiras. Bonitos camiños conducirános ao pé do Castro de Palio onde sentiremos a presencia de “os mouros”. Dende alí iremos cara a igrexa de Santa Eulalia de Palio, un templo único de orixe protorrománica ou visigótica.
Finalmente retornaremos a Cercio onde remataremos a andaina.
Perfil da ruta e mapa:
*Percorrido curto:
Distancia: 14 Kms.
Dificultade: baixa.
Duración aproximada: 4 horas.
Itinerario: Lalín, Paseo Pontiñas, lago auditorio, Lalín de arriba, rego de Reboredo, Campo do Malato, A Veiga, Carballeda.
*Percorrido longo:
Distancia: 21 Kms.
Dificultade: media-alta
Duración aproximada: 5 horas.
Itinerario: Cercio, Cello, Igrexa de Cangas, Montrigo, Fábrica de papel de Rodís, Rodís, Rodís do cabo, as Teixugueiras, Sobreiral do Arnego, mirador das Piniceiras, Castro de Palio, Palio, Igrexa de Santa Baia, Cercio.