Faite soci@

 

Se aínda non eres soci@ de Roteiros de Lalín – Viarum Dezae, anímate a camiñar con nós.

Para o ano 2025 non subimos as cuotas e podes facerte soci@ únicamente por 20 euros ao ano.

Tamén podemos tramitar a túa licenza federativa.

Esperamos así poder participar tamén nas actividades que organiza a Federación e se queredes podemos darvos de alta coma deportistas federados para acceder ás coberturas e vantaxes que iso conleva.

Para solicitar a vosa alta coma socios tedes que cubrir o formulario cos vosos datos e ingresar a cuota anual de socio que son 20 € . Ser soci@ de Roteiros de Lalín significa poder participar nas nosas actividades en Lalín e en Galicia e estar cuberto polas nosas pólizas de seguro de Responsabilidade Civil e de accidentes.

Se queredes ademais tramitar a licenza federativa tedes que darvos de alta coma socio e ingresar a cuota de socio máis o custe da licenza federativa anual con varias modalidades para o caso de maiores de 18 anos:

  • 83 € (20€ soci@ + 63€ da licenza con tarxeta física) se queredes a licenza para actividades dentro de Galicia. Modalidade AU-B.
  • 110 € (20€ socio + 90€ da licenza con tarxeta física) se queredes ter licenza para realizar actividades en Galicia, Portugal, resto de España e Pirineos. Modalidade B-B.
  • No caso de menores de idade ou xente entre 18 e 25 anos e outras modalidades consultarnos no correo electrónico roteirosdelalin@gmail.com

No caso de soci@s de Roteiros de Lalín do ano 2024 e que renoven no 2025, a licenza federativa terá un desconto de 10 euros no caso da licenza para Galicia e de 20 euros para a da Modalidade B. Polo que os importes a ingresar serían os seguintes:

  • 73 € (20€ socio + 53€ da licenza) se queredes a licenza para actividades dentro de Galicia. Modalidade AU.
  • 90 € (20€ socio + 70€ da licenza) se queredes ter licenza para realizar actividades en Galicia, Portugal, resto de España e Pirineos. Modalidade B.

RECOMENDAMOS FACER A LICENZA DA MODALIDADE B E NAS SAÍDAS QUE FAGAMOS FORA DE GALICIA PARA PARTICIPAR SERÁ OBRIGATORIO TER ESTA LICENZA.

Para tramitar a vosa alta coma soci@ e a licencia federativa podedes acceder ao formulario pinchando aquí

Estar federado dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos  refuxios galegos,
  • Comunhttps://fedgalmon.gal/refuxios/icacións periódicas
  • Calenhttps://fedgalmon.gal/refuxios/dario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:   https://fedme.es/licencia-fedme/

Para facerte soci@:

Nome completo (obrigatorio)

DNI (obrigatorio)

Teléfono (obrigatorio)

Domicilio (obrigatorio)

Poboación/Cidade/Vila

Código Postal

Concello de procedencia (obrigatorio)

Data de nac. AAAA-MM-DD (obrigatorio)

Correo electrónico (obrigatorio)

Talla de camiseta (S-M-L-XL-XXL)

Manifesto a miña vontade de facerme soci@ do Club Roteiros de Lalín e da Asociación Cultural Viarum Dezae durante o ano 2025 por un prezo global de 20 euros
SI



O pagamento da cuota de socio 2025 (20 euros) pódelo facer en metálico ou ben por transferencia ao número de conta:

IBAN ES97 3070 0036 7962 4846 6119
CAIXA RURAL GALEGA

Igualmente se queres facer a licenza federativa tramitamoscha. En tal caso os prezos a ingresar serían:
110 euros (90licenza+20cuotasoci@) para a licenza que cubre actividades en España, Portugal, Marrocos, Andorra, Pirineo francés.
83 euros (63licenza+20cuotasoci@) para a licenza que cubre só en Galicia.
Os que fixestes licenza con Roteiros de Lalín o ano pasado tedes un desconto e os prezos serían:
90 euros que inclúe soci@ e a licenza que cubre actividades en España, Portugal, Marrocos, Andorra, Pirineo francés.
73 euros que inclúe soci@ e a licenza que cubre actividades en Galicia.

Moitas grazas polo teu apoio.


Protección de datos. Para dar cumprimento á normativa sobre protección de datos informamos que os datos persoais facilitados por vostede serán incorporados a un ficheiro do que será responsable o Club Roteiros de Lalín e a Asociación Cultural Viarum Dezae. Únicamente solicitamos datos necesarios para dalo de alta como asociad@ destas agrupacións. Os datos son recollidos baixo un compromiso de confidencialidade e non serán cedidos a terceiros sen o seu consentimento salvo causa legal que nos obrigue a elo. Os datos serán conservados o mínimo tempo necesario e serán eliminados en todo caso transcurrido un ano dende a baixa como soci@. Vostede pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición solicitándoo por escrito a Roteiros de Lalín e a Asociación Cultural Viarum Dezae no correo electrónico viarumdezae@gmail.com


_______________________________________________________________________

_______________________________________________________________________

 

Se aínda non eres soci@ de Roteiros de Lalín – Viarum Dezae, anímate a camiñar con nós.

Facéndote soci@ ademais de apoiar este proxecto teredes as seguintes vantaxes:

Cobertura por pólizas de seguro de responsabilidade civil e de seguro de accidentes nas vosas andainas dentro das condicións e da duración das pólizas contratadas.

Tramitaremos a vosa licenza federativa na Federación Galega de Montañismo se así o solicitades, e a partir do segundo ano pagaredes só a metade do seu custe, dentro das dispoñibilidades orzamentarias que teñamos.

saida ruta castro de sestelo

Roteiros de Lalín comezou no ano 2015 como un grupo de voluntariado impulsado dende o Concello de Lalín. O proxecto foi avanzando grazas ao apoio de moita xente que colaborou nos traballos organizativos e participou nas actividades que realizamos ao longo destes primeiros catro anos.

Pensamos que para ser máis efectivos e ter máis posibilidades de actuación era necesario ter entidade propia, sen cambiar a nosa filosofía colaborativa e de voluntariado, e mantendo tamén as nosas actividades totalmente abertas a todas as persoas que desexen participar. Decidimos que Roteiros de Lalín se constituíse coma un club deportivo coa idea de dalo de alta na Federación Galega de Montañismo. Tamén creamos unha asociación cultural Viarum Dezae para a través de ela impulsar a conservación dos camiños tradicionais da nosa comarca e tamén a paisaxe, o patrimonio e o medio ambiente.

Cremos que Lalín e a comarca de Deza teñen moitísimo potencial para ser un destino turístico diferenciado pois podemos ofrecer aos que veñan a coñecernos un patrimonio, unha paisaxe e unha gastronomía singulares, contando ademais cunha situación privilexiada no centro de Galicia. Nese sentido tratamos de aportar o noso traballo para situar a Lalín e a Comarca de Deza nunha boa posición no sector das actividades no medio natural, sumándonos a excelente labor que están facendo tamén outros colectivos como os clubs de ciclismo, de atletismo, de carreiras de montaña, triatletas e de equitación entre outros, cos que esperamos poder desenvolver actuacións conxuntas.

Pedímosvos a todas as persoas que queirades apoiarnos que vos inscribades como soci@s o que nos dará máis forza para seguir traballando e para que tamén poidades ter algunhas ventaxas como dispoñer dunha licencia federativa se así o solicitades.