Roteiro do Candán

O alto de San Bieito do Candán é a cima montañosa máis alta do Concello de Lalín cos seus 1017 metros de altitude. Neste roteiro subiremos a esta cima dende onde se divisa un horizonte grandioso. Pero antes de chegar alí pasaremos por lugares realmente increíbles.

dav

Comezamos en Vilatuxe, na  área recreativa do Pozo do Boi. Saímos por un camiño ancho en subida, á sombra dos carballos. Pouco despois iremos entre pinares e baixaremos á esquerda ata atravesar o rego do Candán. Despois imos por camiños anchos de monte polos lugares que a toponimia cartográfica menciona como Penedo Redondo, Fulgueira e Xastadelo. Cruzamos a estrada de Vilatuxe a Bustelos e un pouco máis abaixo empatamos co sendeiriño do Vilatuxe Trail.

Seguimos en dirección a Bustelos por un sendeiriño que se adentra na devesa e permite visitar a Fervenza do Rego das Minas. Realmente bucólico todo este treito que se mantén operativo grazas a xente do Vilatuxe Trail. Finalmente, por unha congostra preciosa chegamos á aldea de Bustelos.

Dende Bustelos iremos por un sendeiro pendurado na ladeira da montaña ata a aldea abandonada de Grobas. O val do río Grobas é certamente paradisíaco. Xa en Grobas visitaremos as súas casas e o chamado Pozo Verde.

Finalmente ascenderemos ata a cima do Alto de San Bieito do Candán onde remataremos o roteiro despois de completar 17 quilómetros.

MAPAS

mapa-roteiro-do-candan

MAPA VERSION EXTRA-LONGA

mapa-candan-jpg

ALTIMETRÍA (Percorrido longo)

perfil-roteiro-do-candan

Descargas

ROTEIRO DO CANDAN

Libro da ruta hoja3
Track longo wikiloc
Track extra-longo wikiloc