Roteiro do Castro de Sestelo

Percorrido circular pola contorna de Lalín enlazando por camiños fermosas carballeiras, visitando o Castro de Sestelo e antiga fábrica da luz, e voltando a Lalín pasando polo pazo de Filgueiroa e rematando no conxunto histórico de Don Ramiro.

Roteiro Castro de Sestelo
(Fotografía: vista do Castro de Sestelo)

O domingo 27 de decembro ás 9.30 da praza da igrexa saíron máis de 100 persoas a gozar da andaina ao Castro de Sestelo. Igual que no roteiro anterior había dous percorridos, o curto, que terminou no Polígono de Botos, e o longo que continuou ata Donramiro e Lalín.

O camiño curto foi de 4 horas, mentres que o camiño curto durou unha hora máis.

 

Perfil da ruta e mapa:
*Percorrido curto:

Distancia: 11 Kms.
Dificultade: baixa.
Duración aproximada: 4 horas.
Lugares: Lalín quilómetro cero, paseo Pontiñas, Estivelle, Carballude, Valiñas, O Requeixo, Río Asneiro, Castro de Sestelo, Polígono de Botos. Regreso en autobús ata Donramiro e Lalín.
Roteiro Castro de Sestelo

*Percorrido longo:

Distancia: 16 Kms.
Dificultade: media.
Duración aproximada: 5 horas.
Lugares: Lalín quilómetro cero, paseo Pontiñas, Estivelle, Carballude, Valiñas, O Requeixo, Río Asneiro, Castro de Sestelo, Polígono de Botos, muiño de Baxán, Os Olmos, Filgueiroa, Carballeira da Crespa, Donramiro, Lalín.

Mapa Longo - Sestelo

Descargas

Libro da ruta hoja3
Folleto hoja3
Cartel hoja3
Imaxes e mapas hoja3
Track curto wikiloc
Track longo wikiloc