Camanzo

 

Abrimos a inscrición para a visita guiada ao Mosteiro de San Salvador de Camanzo que terá lugar o sábado 30 de maio de 2026 ás 17 horas.

PRAZAS ESGOTADAS.

Moi agradecidos polo interese acadado por esta convocatoria. Coa finalidade de facer unha visita guiada de calidade vémonos obrigados a pechar a inscrición por estar a día de hoxe completas todas as prazas que podemos ofrecer.

Ante a alta demanda que están tendo as visitas guiadas, estámonos plantexando repetilas para que todas as persoas que o desexen poidan coñecer estes lugares de tanto valor patrimonial que temos na nosa comarca. Iremos informando no seu caso das novas convocatorias.

Moitísimas grazas a todos e a todas polo interese.