Cayetano Gil Taboada.

 

CAYETANO GIL TABOADA

1688 Nace en San Esteban de Barcia (Lalín). De familia fidalga. Fillo de Pedro Gil Taboada e Flavia Gil Gundín. Era sobriño de Felipe Antonio Gil Taboada que foi Arcebispo de Sevilla.

1708 Doutorouse en Filosofía en Santiago de Compostela. Logo estudou xurisprudencia.

1713 Rector do Colexio de Fonseca en Compostela.

1719 O seu tío nomeouno visitador do Obispado de Burgo de Osma.

1720 Marcha co seu tío a Sevilla. Alí foi nomeado Fiscal da Inquisición.

1725 É designado Canónigo Capitular na Catedral de Santiago e obtivo plaza de Inquisidor en Sevilla que a conmutou para Santiago. Nomeado administrador do Hospital dos Reis Católicos en Santiago.

1731 Manda facer a igrexa de Santa Baia de Donsión.

1735 É nomeado bispo de Lugo. Fixo obras na Catedral e na cidade, renovando o Pazo Episcopal de Lugo onde puxo na fachada o escudo dos Gil Taboada. Visitou persoalmente todas as parroquias da diócese de Lugo.

1745 É preconizado como Arcebispo de Santiago de Compostela. Estando nese cargo foi cando se rematou a obra barroca da Catedral Compostelá. Na fachada que da á Praza do Obradoiro está o escudo dos Gil Taboada.

1749 O Bispo de Lugo bendice a nova igrexa de Donsión.

1751 Cayetano Gil Taboada morre en Santiago. Tal foi o seu afán edificador, que a súa oración fúnebre titulouse “Mystica arquitectura”.