Inscrición Andaina Ruta das Alvarizas de Moa e Zobra. Domingo día 1 de febreiro de 2026. FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA A RUTA DAS ALVARIZAS DE CATASÓS. Nome completo (obrigatorio) Teléfono (obrigatorio) DNI (obrigatorio) Data de nac. AAAA-MM-DD (obrigatorio) Correo electrónico Concello de procedencia (obrigatorio) Para participar na andaina é obrigatorio estar correctamente inscrito en prazo. A organización dispón de pólizas de seguro para responsabilidade civil e para accidentes deportivos que poidan acontecer durante a actividade. A organización únicamente asumirá as continxencias dos participantes na andaina que estén inscritos en tempo e forma. O prazo para anotarse remata o próximo venres día 27 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas. Recomendacións: levar tf móbil ca batería cargada levar mochila con auga e algo de comer para a ruta Calzado de monte, protector solar e roupa de abrigo por se refresca Non apto para menores de 12 anos DECLARACIÓN RESPONSABLE E CONSENTIMENTO INFORMADO MANIFESTO: 1. Que estou fisicamente ben preparado para a práctica do sendeirismo, gozo de boa saúde en xeral, sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa miña participación na devandita actividade. Se durante a proba, padecese algún tipo de lesión ou calquera outra circunstancia que puidese prexudicar gravemente a miña saúde, poreino en coñecemento da organización canto antes. 2. Que son consciente de que este tipo de actividade, ao desenvolverse no medio natural, en lugares de difícil control e acceso, levan un risco adicional para os participantes. Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo integramente os riscos e consecuencias derivadas da miña participación. 3. Que dispoño de capacidade física e destreza técnica suficientes como para garantir a miña propia seguridade, baixo as condicións de autonomía nas que se desenvolve a actividade. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade esixido pola organización e garanto que se atopa en bo estado, se utilizalo adecuadamente e levareino encima durante toda a actividade. 4. Que domino e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización na que vou intervir, así como a manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade física ou psíquica. Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización en temas de seguridade. Igualmente cumprirei coas normas de tráfico e seguridade vial. 5. Que autorizo aos Servizos Médicos da actividade, a que me practiquen calquera cura ou proba diagnóstica que puidese necesitar estando ou non en condicións de solicitala. Ante os seus requirimentos comprométome a abandonar a actividade se eles estímano necesario para a miña saúde. 6. Que autorizo á organización calquera fotografía, filmación ou gravación que tomen, sempre que estea exclusivamente relacionada coa miña participación neste evento, e igualmente autorizo a súa difusión a través das redes sociais de Roteiros de Lalín. 7. Que participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na actividade de sendeirismo. 8. Protección de datos. Toda persoa participante, no momento de facer esta inscrición, queda informada e da o seu consentimento á organización (Roteiros de Lalín) para a incorporación dos seus datos ao ficheiro automatizado a disposición do organizador e igualmente autoriza o tratamento dos mesmos. A organización (Roteiros de Lalín) asegura en todo caso o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos pola lexislación vixente e poderán ser exercidos a través dunha solicitude realizada por escrito e enviada a roteirosdelalin@gmail.com A persoa titular dos datos acepta que a organización ceda estes datos a terceiras persoas sempre que dita cesión resulte necesaria para o cumprimento das normas ou regulamentos que puideran ser de aplicación, en particular para tramitar a póliza de seguros de accidentes polo día da andaina. Pasado un tempo prudencial necesario o ficheiro cos datos será eliminado. A persoa que se inscribe queda enterada das anteriores condicións de participación na actividade e asume a responsabilidade de cumprilas (obrigatorio) SI A ruta é circular. O punto de encontro será o Campo da Festa de Catasós, a cinco quilómetros de Lalín. A andaina dará comezo ás 9,30 horas no Campo da Festa de Catasós, e rematará tamén nese punto (hai aparcadoiro). Recoméndase acudir cando menos con quince minutos de antelación. A ruta ten 16 ou 18 quilómetros e é de dificultade media e terá sobre 5 horas de duración. O custe de participar na andaina é de 10 € que serán destinados a cubrir os gastos que xenera a actividade, entre eles as pólizas de seguro. O pago deste importe pódelo facer no mesmo día da actividade ao inicio da mesma ou facendo un ingreso na conta bancaria de Roteiros de Lalín (IBAN ES97 3070 0036 7962 4846 6119). A ruta é gratuita para as persoas que sexan socias de Roteiros de Lalín. A andaina conta coas autorizacións administrativas correspondentes para a súa realización. A actividade será conducida por un Técnico Deportivo en Sendeirismo TD1. Roteiros de Lalín é unha entidade inscrita no Rexistro de Actividades Turísticas de Galicia no apartado Turismo Activo. Os participantes estarán cubertos polas nosas pólizas de seguro. A organización resérvase o dereito de suspender a actividade se as condicións climatolóxicas ou outra circunstancia así o aconsellase. Para máis información podes poñerte en contacto con nós enviando unha mensaxe a roteirosdelalin@gmail.com