
A Ponte Vella de Cristimil foi construída en base a modelos medievais. É coñecida entre o vecindario como ponte Asneiros ou ponte Arneiros. Tamén é chamada ponte Orneiros pois os animais de carga resistíanse a baixar por unha forte pendente que había ata a ponte e poñíanse a “ornear”. Non se sabe con exactitude cando foi construída pois curiosamente é omitida nos mapas históricos, pero foi un paso importante no camiño que viña do Ribeiro pola divisoria de augas dos ríos Asneiro e Deza e que logo continuaba cara a Prado ou Ponte Taboada.

Arquitectónicamente falando, Ponte Orneiros é unha ponte de dous ollos feitos a base de laxes de pedra rústica que apoian nun pilar central. Este sólido punto de apoio ten unha morfoloxía singular pois río arriba ten forma de parteaugas e río abaixo de contraforte. Nesta obra percíbese a sabiduría da arquitectura popular pensada para que a ponte resistise ao longo do tempo a forza da auga especialmente nas épocas de choivas torrenciais.
