Pontenoufe.

 

 

Pontenoufe é unha ponte de catro arcos pola que se cruza o río Asneiro. Por ela pasa o Camiño de Santiago. No seu tempo este lugar era un paso estratéxico para peregrinos, arrieiros, feirantes e viaxeiros. Coas novas vías de comunicación foi quedando cun papel máis secundario.
Trátase dunha ponte de fábrica granítica que foi reforzada con formigón. Pode ter orixe medieval e sería reedificada no século XVIII. Dos catro ollos conservábanse completos dous, formados por arcos en pedra de cantería, tanto as doelas como os perpiaños. Os outros dous arcos foran reconstruídos en formigón. Ten dous parte augas feitos en pedra rústica. O Taboleiro mide máis de 30 metros e carece de peitorís.
No ano 2024 foi obxecto dunha coidadosa restauración na que se eliminaron os dous arcos de formigón que se reconstruíron en pedra de cantería e tamén se substituíu o asfalto do taboleiro colocando no seu lugar un pavimento adoquinado.