Todolos artigos de: roteiros

Roteiros de Lalín

 

ANDAINA DE CAMPOSANCOS

DOMINGO DÍA 16 DE XUÑO DE 2024

HORA: 9:30

PUNTO DE INICIO LOCAL SOCIAL DE CAMPOSANCOS (LALIN) localización aquí

DISTANCIA 12 KM

DIFICULTADE BAIXA

Percorrido: Local Social Camposancos. Mato. O Carrio. Abonxo. Val do Carrio. Monteira. Mato. Chares de Outeiro. Chares. Camposancos. Local Social Camposancos.

Serán visitables o Pazo de Val do Carrio, a Igrexa de Camposancos, a Casa do Fidalgo e o Castro de Camposancos.

9:30 Punto de encontro no local social de Camposancos. 10:00 Inicio da Ruta. 13:00 a 13:30 Final da ruta no local social de Camposancos.

Fai a túa inscrición agora:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA A ANDAINA DE CAMPOSANCOS.


Nome completo (obrigatorio)

Teléfono (obrigatorio)

DNI (obrigatorio)

Data de nac. AAAA-MM-DD (obrigatorio)

Correo electrónico

Concello de procedencia (obrigatorio)


Para participar na andaina é obrigatorio estar correctamente inscrito en prazo. A organización dispón dunha póliza de seguro para accidentes deportivos que poidan acontecer durante a actividade. A organización únicamente asumirá as continxencias dos participantes na andaina que estén inscritos en prazo. O prazo para anotarse remata o próximo xoves día 13 de xuño de 2024 ás 23:59 horas.



MANIFESTO:

1. Que estou fisicamente ben preparado para a práctica do sendeirismo, gozo de boa saúde en xeral, sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa miña participación na devandita actividade. Se durante a proba, padecese algún tipo de lesión ou calquera outra circunstancia que puidese prexudicar gravemente a miña saúde, poreino en coñecemento da organización canto antes.
2. Que son consciente de que este tipo de actividade, ao desenvolverse no medio natural, en lugares de difícil control e acceso, levan un risco adicional para os participantes. Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo integramente os riscos e consecuencias derivadas da miña participación.
3. Que dispoño de capacidade física e destreza técnica suficientes como para garantir a miña propia seguridade, baixo as condicións de autonomía nas que se desenvolve a actividade. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade esixido pola organización e garanto que se atopa en bo estado, se utilizalo adecuadamente e levareino encima durante toda a actividade.
4. Que domino e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización na que vou intervir, así como a manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade física ou psíquica. Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización en temas de seguridade. Igualmente cumprirei coas normas de tráfico e seguridade vial.
5. Que autorizo aos Servizos Médicos da actividade, a que me practiquen calquera cura ou proba diagnóstica que puidese necesitar estando ou non en condicións de solicitala. Ante os seus requirimentos comprométome a abandonar a actividade se eles estímano necesario para a miña saúde.
6. Que autorizo á organización calquera fotografía, filmación ou gravación que tomen, sempre que estea exclusivamente relacionada coa miña participación neste evento.
7. Que participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na actividade de sendeirismo.


Asumo de responsabilidade (obrigatorio)
SI


O roteiro sae do Local Social de Camposancos (Concello de Lalín). A ruta é circular e dará comezo ás 10 horas. Recoméndase acudir cando menos con quince minutos de antelación. A ruta ten 12 quilómetros e é de dificultade baixa.


A actividade é gratuita.


Faite soci@ e tramitamos a túa licencia federativa.

Comezamos coa campaña de soci@s para o ano 2024. Tamén estamos, dende hai anos, dados de alta na Federación Galega de Montañismo e podemos tramitar a túa licenza federativa.

Esperamos así poder participar tamén nas actividades que organiza a Federación e se queredes podemos darvos de alta coma deportistas federados para acceder ás coberturas e vantaxes que iso conleva.

Para solicitar a vosa alta coma socios tedes que cubrir o formulario cos vosos datos e ingresar a cuota anual de socio que son 20 € . Ser soci@ de Roteiros de Lalín significa poder participar nas nosas actividades en Lalín e en Galicia e estar cuberto polas nosas pólizas de seguro de Responsabilidade Civil e de accidentes.

Se queredes ademais tramitar a licenza federativa tedes que darvos de alta coma socio e ingresar a cuota de socio máis o custe da licenza federativa anual con varias modalidades para o caso de maiores de 18 anos:

  • 84 € (20€ soci@ + 64€ da licenza) se queredes a licenza para actividades dentro de Galicia. Modalidade AU.
  • 110 € (20€ socio + 90€ da licenza) se queredes ter licenza para realizar actividades en Galicia, Portugal, resto de España e Pirineos. Modalidade B.
  • No caso de menores de idade ou outras modalidades consultarnos no correo electrónico roteirosdelalin@gmail.com

No caso de soci@s de Roteiros de Lalín do ano 2023 e que renoven no 2024, a licenza federativa terá un desconto de 20 euros no caso da licenza para Galicia e de 30 euros para a da Modalidade B. Polo que os importes a ingresar serían os seguintes:

  • 64 € (20€ socio + 44€ da licenza) se queredes a licenza para actividades dentro de Galicia. Modalidade AU.
  • 80 € (20€ socio + 60€ da licenza) se queredes ter licenza para realizar actividades en Galicia, Portugal, resto de España e Pirineos. Modalidade B.

RECOMENDAMOS FACER A LICENZA DA MODALIDADE B E NAS SAÍDAS QUE FAGAMOS FORA DE GALICIA PARA PARTICIPAR SERÁ OBRIGATORIO TER ESTA LICENZA.

Para tramitar a vosa alta coma soci@ e a licencia federativa podedes acceder ao formulario pinchando aquí

Estar federado dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos  refuxios galegos,
  • Comunhttps://fedgalmon.gal/refuxios/icacións periódicas
  • Calenhttps://fedgalmon.gal/refuxios/dario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:   https://fedme.es/licencia-fedme/

_________________________________________

Monumenta

Percorrido sinalizado á vosa disposición

 

________________________________________

Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 23 roteiros e está á vosa disposición. A continuación poñemos algúns deles. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.

 

RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)

RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)

RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

 

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)

RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)


           RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)