Arquivos da categoría novas

Nesta etiqueta mostraránse as últimas noticias.

Roteiros de Lalín

 

ACTUALIDADE

Un ano máis colaboramos coa veciñanza da parroquia de Camposancos para organizar con eles por terceiro ano consecutivo a Andaina de Camposancos que terá lugar o domingo día 24 de maio de 2026. Este ano tamén haberá un novo percorrido con moito patrimonio natural e cultural para coñecer e disfrutar. Sairemos do local social a carón do castro de Camposancos, pasaremos polas mámoas de Oirós e a igrexa parroquial deste lugar. Continuaremos pola Capela das Dores de Montouto e pasaremos por Asorei con visita a un muiño monumental. Regresaremos finalmente ata o local social. Haberá xantar con pulpeiro e pola tarde xogos tradicionais. E sobre todo o cariño e a ilusión que senten as xentes de Camposancos pola súa parroquia.

Punto de encontro: Local Social de Camposancos ás 9,30 horas. ubicación.

Infórmate e inscríbete premendo aquí.

 

FAITE SOCI@

Faite soci@ e tramitamos a túa licencia federativa.

Comezamos coa campaña de soci@s para o ano 2025. Tamén estamos, dende hai anos, dados de alta na Federación Galega de Montañismo e podemos tramitar a túa licenza federativa.

Faite soci@

REVISTA

Como cada ano, xa está dispoñible a nosa revista anual Viarum Dezae que podedes conseguir no Café de Mili e que tamén se pode descargar neste enlace: Revista

AXUDAS RECIBIDAS

 

_________________________________________

ACTIVIDADES ANTERIORES

________________________________________

QUEN SOMOS

Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 23 roteiros e está á vosa disposición. A continuación poñemos algúns deles. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.

 

RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)

RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)

RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

 

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)

RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)


           RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)