Roteiros de Lalín

 

ACTUALIDADE

Retomamos o Camiño do Corpiño. O domingo día 21 de xuño de 2026 voltaremos a percorrer o Camiño do Corpiño. Trátase dun dos nosos Roteiros emblemáticos baseado na tradición mariana do Santuario da Nosa Señora do Corpiño e que tamén conmemora o traslado dos restos mortais do aviador Xoaquín Loriga dende o Pazo de Liñares ata a igrexa de Santa Baia de Losón. A ruta é lineal pero haberá autobús para ir ata o punto de inicio no Pazo de Liñares e para regresar dende o Santuario ao final do percorrido. Non faltará a ración de callos coma sempre xentileza do Restaurante Casa San Martín.

Punto de encontro: Praza da Igrexa de Lalín ou aparcadoiro do Pazo de Liñares.

Infórmate e inscríbete premendo aquí.

Abrimos a inscrición para a visita guiada ao Mosteiro de San Salvador de Camanzo que terá lugar o sábado 30 de maio de 2026 ás 17 horas.

PRAZAS ESGOTADAS.

Moi agradecidos polo interese acadado por esta convocatoria. Coa finalidade de facer unha visita guiada de calidade vémonos obrigados a pechar a inscrición por estar a día de hoxe completas as prazas que podemos ofrecer.

Ante a alta demanda que están tendo as visitas guiadas, estámonos plantexando repetilas para que todas as persoas que o desexen poidan coñecer estes lugares de tanto valor patrimonial que temos na nosa comarca. Iremos informando no seu caso das novas convocatorias.

Moitísimas grazas a todos e a todas polo interese.

FAITE SOCI@

Faite soci@ e tramitamos a túa licencia federativa.

Comezamos coa campaña de soci@s para o ano 2025. Tamén estamos, dende hai anos, dados de alta na Federación Galega de Montañismo e podemos tramitar a túa licenza federativa.

Faite soci@

REVISTA

Como cada ano, xa está dispoñible a nosa revista anual Viarum Dezae que podedes conseguir no Café de Mili e que tamén se pode descargar neste enlace: Revista

AXUDAS RECIBIDAS

 

_________________________________________

ACTIVIDADES ANTERIORES

________________________________________

QUEN SOMOS

Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 23 roteiros e está á vosa disposición. A continuación poñemos algúns deles. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.

 

RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)

RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)

RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

 

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)

RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)


           RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)