ACTUALIDADE

O sábado día 12 de setembro de 2026 retomamos as visitas guiadas da campaña “Deza, arte sacro”. Desta volta desplazarémonos ata o Concello de Dozón para visitar o Mosteiro de San Pedro de Vilanova. Este edificio de estilo románico mantívose prácticamente sen ningunha alteración ata os nosos días polo que ten un elevadísimo valor artístico e patrimonial. Desplazarémonos en autobús dende Lalín para visitalo pois non hai moita zona para aparcar vehículos particulares.
Punto de encontro: Na Praza da Igrexa de Lalín. Dende alí partiremos en autobús ata o Mosteiro de San Pedro de Vilanova en Dozón. Punto de encontro: aqui
Inscrición na actividade: Inscrición.
FAITE SOCI@

Faite soci@ e tramitamos a túa licencia federativa.
Comezamos coa campaña de soci@s para o ano 2026. Tamén estamos, dende hai anos, dados de alta na Federación Galega de Montañismo e podemos tramitar a túa licenza federativa.
REVISTA

Como cada ano, xa está dispoñible a nosa revista anual Viarum Dezae que podedes conseguir no Café de Mili e que tamén se pode descargar neste enlace: Revista
AXUDAS RECIBIDAS

_________________________________________
ACTIVIDADES ANTERIORES

________________________________________
QUEN SOMOS
Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 23 roteiros e está á vosa disposición. A continuación poñemos algúns deles. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.


RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)
RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)
RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)
RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)
RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)