
1120 ? Descoñécese a data exacta do seu nacemento. Pertencía á poderosa liñaxe dos Suárez de Deza. O seu nacemento na comarca de Deza é innegable pero descoñécese o lugar exacto. Formouse como cóengo e diácono en Compostela e fíxose mestre en leis en París.
1166 É nomeado bispo de Salamanca polo Papa Alejandro III que o tiña en gran estima. Alí reforzou a organización diocesana e favoreceu a vida intelectual e eclesiástica.
1173 É designado Arcebispo de Santiago de Compostela. Reordenou a diocese en catro distritos e elevouna ao carácter de metropolitana. Normalizou o tributo do “voto de Santiago”.
1181 Conseguiu do Papa o privilexio do xubileo para Santiago sendo 1182 o primeiro Ano Santo.
1184 Participou na batalla de Santarem aportando 20.000 homes con vitoria fronte ao Califa Abu-Jacob dos Almohades.
1188 Baixo o seu mandato colócanse os linteis do Pórtico da Gloria. Esta marabilla do románico foi feita polo Mestre Mateo e promovida por D. Pedro III Suárez de Deza. Tamén se fixo o claustro e o coro pétreo, obras igualmente do Mestre Mateo.
1206 Tras case 40 anos de pontificado entre Salamanca e Compostela morre este ilustre prelado en abril de 1206.