
1317 O Papa Xoán XXII dende Aviñón elixe ao dominico francés Berenguel de Landoira como arcebispo de Santiago. A burguesía compostelá estaba moi disconforme con esta decisión pois querían subtraerse ao señorío eclesiástico e que a cidade alcanzase a condición realenga por ser máis beneficiosa xurdindo así un grave enfrontamento. Berenguel viaxa a Galicia pero non é ben recibido.
1318 As primeiras negociacións foron infrutuosas e o arcebispo refuxiouse no Castelo de Rocha Forte. Aproveitando unha ausencia do prelado, os burgueses queiman o castelo. Berenguel de Landoira seguiu tentando entrar na cidade compostelá nun par de ocasións con risco para a súa vida sen conseguilo.
1319 A EMBOSCADA. Alfonso Suárez de Deza e o infante Felipe convidan con engano a entrar na cidade a Berenguel de Landoira, e déixano confinado na catedral sen víveres nin axuda durante once días, tendo este que negociar a súa liberación facendo concesións.
1320 Reunidos en Tordesillas as partes en conflito a través da mediación da raíña rexente chegan a un acordo, pero non sería definitivo.
1320 O ASASINATO. No mes de setembro, Alfonso Suárez de Deza e unha comisión do municipio foron a parlamentar ao Castelo de Rocha Forte plantexando novas demandas. Berenguel de Landoira vendo a situación como unha nova traizón, decide decapitar a Alfonso Suárez de Deza e aos representantes do Concejo de Compostela. Mandou pechar as portas do Castelo e ordenou acoitelar a Alfonso Suárez de Deza, Martín Martínez e outros oito ou nove máis. Logo expuxeron as súas cabezas cortadas colgadas dende as ameas do castelo.
1320 A CAMPAÑA MILITAR. Un mes despois, Berenguel de Landoira emprendeu una campaña militar contra a terra e os familiares de Alfonso Suárez de Deza tomando os castelos de Ponteledesma, Galegos, Chapa e Fírvida. A casa de Deza pasou ao ostracismo e vendeu a maior parte dos bens ao mosteiro de Oseira coa finalidade de someterse a súa protección.
1366 A VINGANZA. No contexto da guerra civil castelá na disputa entre o rei Pedro I e o seu medio irmán Enrique II de trastamara, o arcebispo de Santiago Suero Gómez de Toledo tomou partido por este último. O rei Pedro I decidiu eliminar ao arcebispo e buscou coma executores aos dezaos Fernán Pérez Churruchao e Alfonso Gómez Gallinato. O desexo de vinganza destes dous cabaleiros polo asasinato de Alfonso Suárez de Deza animounos a cumprir o encargo de asasinar ao arcebispo, e así o fixeron.