
Igrexa románica do século XII que conserva o principal da primitiva construción.
A edificación consta dunha nave rectangular á que posteriormente se lle engadiron a sancristía e dúas capelas laterais, a dos Taboada de Beilás e a dos Salgado Gundín. A ábsida é semicircular cun corpo superposto.
Na fachada principal destaca a portada románica que ten dous pares de columnas e está coroada cunha dobre arquivolta. No interior ten un arco triunfal de medio punto con capiteis florais e baseas toscanas con garras.